InicioPolíticaA proposta estrela de Fernández-Tapias para Vigo: 45 quilómetros de carreiros sustentables...

A proposta estrela de Fernández-Tapias para Vigo: 45 quilómetros de carreiros sustentables e recuperar a canle do Lagares

Di que o obxectivo é facer "un Vigo máis amable, máis familiar e sustentable"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores uno dos grandes proxectos que propón para cidade, que consiste na creación dun gran “roteiro verde”, con carreiros sustentables vertebrando o litoral e o centro urbano, con espazos de lecer, miradoiros, estacións de bicis e patinetes eléctricos, e recuperando a “degradada” canle do río Lagares.

Nunha rolda de prensa, Fernández-Tapias explicou que esta proposta vén sumarse a outras xa presentadas, e que forman parte do proxecto alternativo que o PP ofrece á cidade de cara ás eleccións municipais de maio.

Así, tras as medidas propostas en materia de servizos a persoas con discapacidade, en transporte público ou en materia de deportes, a candidata expuxo este mércores a creación dunha gran “malla” de carreiros, que suman 45 quilómetros, tanto polo litoral como polo centro urbano.

Segundo explicou, co fin de facer “un Vigo máis amable, máis familiar e sustentable”, expuxo esta iniciativa, que inclúe a adecuación de espazos de lecer, miradoiros, estacións de bici e patíns eléctricos. Así mesmo, promote actuar sobre a canle do río Lagares, que está “degradado” e “abandonado”.

Esta actuación faríase en 3 fases: unha primeira de 17,4 quilómetros, desde a estación de Guixar a Bouzas, Alcabre e a zona do “novo Lagares”; nunha segunda fase péchase ” o anel”, cun tramo de 10 quilómetros desde Avenida de Madrid pasando por Gregorio Espino, Buenos Aires, Monte da Guía, ata Guixar; e por último, unha rede de senllas urbanas, conectadas a partir dun trazado entre Gran Vía, Castelao e Avenida de Europa.

ÚLTIMAS

A viguesa Enma López será portavoz adxunta do PSOE

Enma López, concelleira no Concello de Madrid nacida en Vigo, será a portavoz adxunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...