InicioCulturaO Festival do Rei Sol revive as lendas máis antigas de Oia

O Festival do Rei Sol revive as lendas máis antigas de Oia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival do Rei Sol volve por terceiro ano consecutivo á Costa dos Castros de Oia co obxectivo de revalorizar o patrimonio cultural deste territorio, especialmente o seu rico legado inmaterial. A cita cultural se celebrará entre o 14 e o 16 de setembro e incluirá actividades gratuítas pensadas para o desfrute de todos os públicos.

Visitas guiadas, obradoiros infantís, relatorios e espectáculos das artes escénicas compoñen a programación deste ano, que achegará as súas propostas a diversos puntos do municipio. Así, a programación do Festival do Rei Sol 2018 abrirase o venres 14 de setembro cunha dobre actividade dedicada ao oficio tradicional da telleira.

Ese día desenvolverase un obradoiro infantil de traballos manuais para confeccionar as tellas do Rei Sol e, a continuación, terá lugar unha charla sobre a telleira en Oia a cargo de Pepe “Buraco”. A xornada inaugural rematará cunha función de teatro.

Os actos principais do festival desenvolveranse ao longo da tarde do sábado 15 de setembro no castro do Cano dos Mouros (Viladesuso), onde haberá unha visita guiada e o grupo veciñal O Mellor de Cada Casa representará unha obra de teatro ambientada no mundo galaico.

A continuación se desenvolverá o espectáculo de narración oral titulado O eco das pedras, a cargo da artista Raquel Queizás, e unha contemplación do solpor amenizada polo grupo de música tradicional A Fiada de Viladesuso porá o broche final á xornada festiva.

Cartel Festival do Rei Sol

 

Ademais, o sábado e domingo pola mañá haberá visitas guiadas especiais ao Arrabal (entorno do Mosteiro de Oia). A través destes itinerarios, que estarán guiados por unha personaxe do século XVIII, descubriremos este barrio histórico a través das súas historias e lendas. As visitas comezarán ás 12.30h. e o punto de encontro será a Oficina de Turismo de Oia.

O Festival do Rei Sol leva o nome do protagonista dunha lenda local asociada ao castro do Cano dos Mouros. Aproveitando esta circunstancia, con esta cita cultural preténdese revalorizar o patrimonio local –especialmente o inmaterial–, concienciar sobre a necesidade de preservalo para as futuras xeracións e festexar a convivencia entre veciñanza e persoas que visitan o municipio.

A actividade, organizada pola Asociación Costa dos Castros xunto co Concello de Oia, desenvólvese coa colaboración da Deputación de Pontevedra (Ano da Lingua), e de diversos colectivos locais, como son a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación de Veciños de Viladesuso.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...