InicioEconomíaUnhas 60 marcas reuniranse no Salón do automóbil e a motocicleta de...

Unhas 60 marcas reuniranse no Salón do automóbil e a motocicleta de Vigo entre o 8 e o 12 de marzo

O Salón contará cunha ampla gama de oferta de entretemento, como unha caseta onde os asistentes poderán simular que están subidos a un coche de Fórmula 1.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) acollerá entre os próximos 8 e 12 de marzo a 32º edición do Salón do automóbil e a motocicleta da cidade olívica, que reunirá aos principais concesionarios da comarca representando a unhas 60 marcas.

A exposición contará cuns 20.000 metros cadrados con 35 firmas de coches e unhas 25 de motocicletas, converténdose nun evento “imprescindible” para todos aqueles que estean a pensar en renovar o seu vehículo, segundo aseguran os organizadores nun comunicado.

“Cun mercado cada vez máis variado, resulta fundamental contar cun bo asesoramento á hora de cambiar de coche ou moto. No Salón do automóbil e a motocicleta de Vigo os visitantes terán á súa disposición unha rede de profesionais que axudarán aos indecisos a resolver as súas dúbidas sobre cal é o modelo que máis lles convén”, engadiron. O Salón contará cunha ampla gama de oferta de entretemento, como unha caseta onde os asistentes poderán simular que están subidos a un coche de Fórmula 1.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...