InicioSociedadeCase un 30 % das alumnas da UVigo reciben imaxes sexuais a...

Case un 30 % das alumnas da UVigo reciben imaxes sexuais a través de Instagram

Máis do 50 % do alumnado sufriu situacións de acoso nesta rede social

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case un 30 % das alumnas da UVigo reciben de forma frecuente imaxes non demandadas con contido sexual a través de Instagram, fronte a un 18 % dos alumnos. Esta é unha das conclusións dun estudo coordinado polo profesor da Facultade de Comunicación, Xabier Martínez Rolán e pola investigadora da UDC, Teresa Piñeiro.

O proxecto ‘Toxicidade e violencias machistas en Instagram’ levouse a cabo a partir dunha enquisa realizada a máis de 600 estudantes do tres campus, e permitiu constatar que máis do 50 % do alumnado sufriu situacións de acoso nesta rede social, aínda que só un 17 % denunciárono.

Segundo destacou Martínez Rolán, “a principal conclusión é a normalización da violencia“, unha violencia que padecen en maior medida e de forma máis recorrente as mozas. Case a metade delas recoñeceu recibir imaxes sexuais explícitas, e a porcentaxe é do 28 % no caso das alumnas que din recibilas de modo “frecuente ou moi frecuente”.

Do mesmo xeito, son elas as que teñen que enfrontarse en maior medida ás “mensaxes insistentes” por parte de persoas ás que non responden ou rexeitan, e un 9 % admitiron sufrir acoso sexual por Instagram.

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

Iso permitiu concluír que máis dun terzo dos estudantes enquisados din sentirse “ofendidos, humillados, intimidades, acosados ou agredidos” en Instagram, e que son as alumnas a que sofren esta violencia de forma “frecuente ou moi frecuente”, en maior medida que os homes.

A maior parte de alumnas perciben que esta rede social “perpetúa os estereotipos de xénero” e só un 7 % das mozas considera que publicar imaxes ou poses suxestivas en Instagram supón unha forma de empoderamento das mulleres.

O estudo tamén puxo de manifesto que os mozos están máis de acordo que as mulleres en que “é normal que as persoas que publican fotos do seu corpo sexan atacadas”; un 17 % tamén ve “normal” que os homes queiran seguir os movementos en redes sociais das súas parellas femininas. Finalmente, tamén revelou que a maioría dos estudantes admiten que é “fácil ou moi fácil” atopar en Instagram contidos racistas, machistas, misóginos ou homófobos.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...