InicioPolíticaCaballero insiste en que o Concello non cederá os terreos do instituto...

Caballero insiste en que o Concello non cederá os terreos do instituto de Navia ata que a Xunta non firme o convenio

Os terreos do futuro instituto pertencen ao Instituto Galego da Vivenda e Solo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en que o Concello non cederá os terreos para a construción do instituto de Navia ata que a Xunta non firme un convenio redactado polo propio goberno local.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor olívico volveu a cargar contra o Executivo autonómico, dicindo que se opón á construción deste instituto porque non asinou aínda o convenio, enviado hai case un ano.

Coa súa firma, segundo Caballero, o Concello cedería os terreos necesarios para as ditas instalacións a cambio de que a Xunta se comprometa a construír o edificio nuns prazos marcados.

Todo iso despois de que o Goberno galego tamén enviase no seu día un convenio para que o Concello rubricase, asegurando que unha vez o asinase, a redacción do proxecto do instituto sairía a licitación de forma inmediata. A Xunta comprometeu 14 millóns de euros para a obra e xa presentou o anteproxecto da mesma.

Os terreos onde se situará o futuro instituto de Navia pertencen ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, e serán cedidos á Consellería de Educación para a construción do edificio. Para ese trámite é necesaria a autorización do Concello que, polo momento, non foi concedida.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...