InicioPolíticaCaballero critica as protestas de veciños no pleno: "Son rebentadores da democracia,...

Caballero critica as protestas de veciños no pleno: “Son rebentadores da democracia, como o fascismo dos anos 30”

Os veciños da asociación Avibe interromperon algunhas intervencións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, protagonizou este mércores un enfrontamento cun grupo de veciños da asociación Avibe (que se opoñen á construción dun viario en Beade), aos que acusou de querer “rebentar” o pleno e de actuar como “o fascismo dos anos 30”.

Os veciños, que presenciaban como público a sesión plenaria, interromperon algunhas intervencións e, no momento no que ía tomar a palabra a concelleira de Urbanismo, María José Caride, no debate dunha moción do BNG sobre parques eólicos mariños, os membros da asociación, comezaron a corear: “Vigo somos todos!Vigo somos todas!“.

Nese momento, o alcalde, Abel Caballero, interrompeu o debate e dirixiuse directamente aos veciños que protestaban, aos que se referiu en máis dunha decena de ocasións como “rebentadores da democracia”. “Están a rebentar un pleno, o que fala do seu talante democrático. Garden silencio ou mando desaloxar”, advertiu o rexedor.

En vista de que as protestas continuaron, o rexedor volveu insistir: “Tentan rebentar o pleno pero non o van a conseguir. Isto facíao o fascismo nos anos 30, o mesmo que vostedes aquí”.

Finalmente, tras a intervención de Caride, os veciños abandonaron voluntariamente o salón de plenos. A asociación Avibe, integrante da plataforma VigoSomosTodxs xunto a outros 16 colectivos, denuncia a “falta de participación cidadá e falta de escoita” por parte do goberno municipal.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...