InicioDeportesDenuncian discriminación en Monçao con xogadores de fútbol por ser de Galicia

Denuncian discriminación en Monçao con xogadores de fútbol por ser de Galicia

A Federación Protuguesa de Fútbol pide máis de 1.000 euros pola súa inscripción nunha liga amater, mentres que a un portugués se lle pide 37 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Deportivo de Monção, un clube de fútbol da outra beira do Miño, acaba de presentar unha denuncia contra a Federación Portuguesa de Fútbol (FPF) por considerar “absurdo” o valor cobrado ao club raiano pola inscrición de xogadores de Salvaterra do Miño –que dista a menos de un quilómetro de distancia cruzando a ponte internacional– no campionato distrital en que milita.

Esta providencia cautelar foi presentada o pasado 27 de agosto no Tribunal Administrativo e Fiscal de Braga (TAFB). O motivo é que para a tempada 2018/2019 tiña intención de contar con tres xogadores de Salvaterra do Miño, pero a liga portuguesa pídelle máis de 1.000 euros por federalo, cando o prezo normal por un xogador portugués é de 37 euros. Dase a casualidade, ademais, que un destes galegos xa militara neste equipo na tempada pasada.

O club, que en marzo de 2019 fai 86 anos, disputa o campionato distrital da I división da AF de Viana do Castelo. “Estamos moi enfadados. Queren acabar co fútbol afeccionado. Esixir a un club afeccionado que pague 1.065 euros pola inscrición dun xogador é non ter a noción da realidade. É moito diñeiro”, afirmou o presidente do Deportivo de Monção, Avelino Afonso, en declaracións á axencia Lusa.

Máis doado conseguir xogadores galegos

Avelino Afonso realçou que para os clubs dos concellos raianos do distrito de Viana do Castelo “é moito máis fácil conseguir xogadores da veciña Galiza do que doutros municipios do Alto Miño ou até do distrito veciño de Braga”. “Os atletas galegos só teñen que atravesar a ponte que liga Monção a Salvaterra para viren xogar. Son pouco máis de 500 metros que nos separan. Os clubs que teñen receitas astronómicas poden pagar estes valores exorbitantes, mais clubs afeccionados non conseguen. Penso que é unha inxustiza”, suliñou.

O argumento dado, ademais, pola Liga Portuguesa cabreou aínda máis ao club de Monçao xa que defende que paguen máis os galegos ante a “necesidade de salvaguardar os xogadores nacionais”. “É ridícula esa desculpa porque os xogadores portugueses que van xogar para España, cando regresan, se queren competir nos campionatos nacionais, tamén teñen que pagar 1.065 euros para xogar no seu propio país. Isto é un ‘El Dorado’ para a FPF. É facer as contas ao diñeiro que entra nos cofres da federación”, indicou. Por iso, anunciou que vai loitar “até ás últimas consecuencias” contra o que considera unha “enorme inxustiza”.

ÚLTIMAS

Atracan a punta de pistola a sucursal de Abanca no centro do Porriño

Dous individuos coa cara tapa e con dúas armas "aparentemente" de lume atracaron unha...

O Tribunal Supremo córtalle as alas a Axencia Tributaria de Galicia no seu afán recaudatorio falto de motivación

O alto tribunal sinala que a Axencia Tributaria de Galicia actuou contra a...

Paro case total en Radioloxía en Vigo: “Non pedimos máis soldo, pedimos traballar máis”

O sindicato O'Mega calcula un seguimento da folga no servizo de Radioloxía da área Sanitaria de...

O Porto de Vigo pide que os cruceiros que non pasen a noite na cidade estean exentos da taxa turística

OA Autoridade Portuaria de Vigo solicitou á Xunta que a Lei de acompañamento aos...