InicioSucesosOs investigadores cren que o asasino de Baiona utilizou un arma "tipo...

Os investigadores cren que o asasino de Baiona utilizou un arma “tipo machete”

A Garda Civil está buscando a arma utilizada polo homicida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os investigadores tratan de localizar a arma coa que a exparella da muller asasinada en Baiona cometeu os feitos, segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, tras participar nunha concentración silenciosa por este crime machista.

Sobre o detido, indicou que, tras presentarse voluntariamente na comisaría da Policía Nacional en Ourense, foi trasladado ao hospital porque tiña “certas feridas”. Posteriormente, fíxose cargo do caso a Garda Civil. Miñones dixo que se espera que nas próximas horas pase a disposición xudicial e recalcou que se segue coa investigación para poder “aclarar máis do ocorrido”.

O crime produciuse sobre as 21,00 horas deste domingo, na casa onde vivía a muller no Camiño do Rolán, no barrio de Percibilleira. Segundo transcendeu, o home presentouse na vivenda a devolver aos seus fillos e, diante deles, atacou ao seu exparella, á que propinou un forte golpe na cabeza, causándolle a morte.

Fontes coñecedoras da investigación apuntan a que a atacou cun arma tipo machete. De feito, axentes da Garda Civil estiveron o luns nas inmediacións do domicilio da vítima, buscando nos arredores da casa e mesmo no xardín dun veciño, por se aparecese a arma, aínda que sen resultados.

A continuación, deixou aos nenos cun familiar e marchou. O sospeitoso, profesor de instituto, foi detido na mañá do luns tras presentarse voluntariamente na comisaría da Policía Nacional de Ourense.

MINUTO DE SILENCIO

Por outra banda, o hemiciclo galego gardou un minuto de silencio este martes para mostrar o seu rexeitamento á violencia machista. Así, baixo a presidencia de Miguel Santalices, todos os deputados do hemiciclo galego mantiveron este xesto ao comezo da sesión, á que acudiu o máximo mandatario galego, Alfonso Rueda, e na que tamén estaba presente o titular de Sanidade, Julio García Comesaña.

Ademais, aproveitando o minuto de silencio, o presidente da Cámara expresou tamén o pesar polo “devastador terremoto” que afectou a Turquía e a Siria e mostrou a “solidariedade e apoio”.

CONCENTRACIÓNS EN GALICIA

Tamén Galicia acolle nesta xornada concentracións silenciosas en repulsa polo crime machista de Baiona, entre elas a celebrada ante a Delegación de Goberno en Galicia con presenza, entre outros, do seu máximo responsable, José Miñones.

Durante toda a mañá hai convocadas, ademais, concentracións silenciosas ante concellos e institucións como o Parlamento galego ou a Subdelegación do Goberno en Pontevedra e que se suman á convocada o luns en Baiona.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...

Ferido un operario tras caer da cesta elevadora coa que retiraba unha cámaras no paseo de Panxón

Un operario resultou ferido tras envorcar un camión e caer da cesta elevadora cando...

O acusado de agredir sexualmente a unha familiar menor en Vigo enfróntase a 14 anos de cárcere

A Fiscalía de Vigo solicita 14 anos de prisión para un home acusado dun...