InicioSociedadeO Meixoeiro de Vigo, primeiro centro galego en realizar unha braquiterapia de...

O Meixoeiro de Vigo, primeiro centro galego en realizar unha braquiterapia de esófago

É un tipo de radioterapia interna na que se coloca unha fonte de material radioactivo directamente en contacto ou dentro do tumor a tratar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro de Vigo realizou a súa primeira intervención de braquiterapia de esófago, converténdose no primeiro centro galego en realizar esta técnica en neoplasia de esófago.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, a realización deste procedemento foi posible grazas á colaboración dun equipo multidisciplinar, así como á nova dotación tecnolóxica, que incorpora numerosas novidades diagnósticas e terapéuticas, empregando un endoscopio de última xeración, así como innovadores sistemas de visualización, simulación e planificación 3D.

“As características desta técnica de braquiterapia ‘intraluminal’ fai posible que sexa un tratamento eficiente e con claros beneficios en tumores de esófago xa irradiados ou localizados de forma moi superficial e tamén en pacientes que teñen contraindicadas outro tipo de terapias”, indicou o xefe da unidade, Víctor Muñoz.

Segundo el, isto ofrece grandes vantaxes fronte a outros tratamentos, como a posibilidade de realizarse en poucas sesións, de 3 a 6 dependendo do caso, unha maior facilidade para administrar o tratamento de forma localizada e unha eficacia situada entre o 60% e o 100% de control da enfermidade.

A endoscopista do servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro, Nereida Fernández, foi a encargada de dirixir a intervención, na que participaron especialistas de Oncoloxía Radioterápica, Radiofísica e Pneumoloxía, sendo asistida polos equipos de Enfermaría de Dixestivo e de Oncoloxía Radioterápica, así como polos Técnicos superiores de Radioterapia.

A braquiterapia é un tipo de radioterapia interna na que se coloca unha fonte de material radioactivo directamente en contacto ou dentro do tumor a tratar, o que permite un maior control tumoral e menos prexuízos para os órganos sans.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...