InicioSociedadePiden 3 anos de cárcere para un acusado ao que interviñeron 445...

Piden 3 anos de cárcere para un acusado ao que interviñeron 445 plantas de marihuana na súa casa de Vigo

Acúsaselle dun delito contra a saúde pública.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 3 anos de prisión para un veciño de Vigo ao que se lle acusa dun delito contra a saúde pública e ao que interviñeron 445 plantas de marihuana que cultivaba na súa vivenda. O procesado será xulgado este luns na sala do Penal 3 da cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, o procesado tiña na súa vivenda e nun galpón anexo unha plantación de marihuana con unidades en diferentes fase de crecemento, así como follas picadas e en proceso de secado, haxix e outros elementos.

Ademais, polo menos entre outubro de 2018 e outubro de 2019 (cando se rexistrou a súa casa e se descubriu a ‘plantación’), ao ter dobre acometida eléctrica sen pasar polo contador, defraudou á compañía eléctrica máis de 1.200 euros polo consumo de enerxía dese sistema de cultivo.

Por estes feitos, a Fiscalía considérao responsable dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación do fluído eléctrico, e pide que sexa condenado a 3 anos de cárcere e a pagar multas que suman case 19.000 euros. Tamén deberá indemnizar á compañía eléctrica en 1.227,73 euros.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...