InicioSociedadeUn colexio de Arbo segue sen recibir "unha soa vacina" por un...

Un colexio de Arbo segue sen recibir “unha soa vacina” por un erro burocrático do Sergas

"A este ritmo poñerannos a seguda dose cando remate o curso", apunta o director.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúa pendendo a polémica sobre o proceso de vacinación anticovid do Sergas. Ao longo das pasadas xornadas, diversos colectivos profesionais ergueron a voz contra a marcha da inmunización: uns porque foron excluídos dos grupos preferentes —caso, por exemplo, do persoal universitarios–; outros porque, malia ter sido seleccionados, non foron convocados aínda para as colas da vacina.

Ao último grupo pertencen os gardas civís que, en xornadas pasadas, denunciaron os “retrasos” do Sergas: “imos ser os últimos en recibir a vacina de todo o territorio”, aseguraban. A estas denuncias vén de se sumar o colectivo de profesores do CEIP Antonio Carpintero de Arbo, situado no concello pontevedrés do mesmo nome.

Este centro, que dá cabida a docentes de educación infantil, especial e primaria, vén de remitir un escrito ante a Consellería de Educación porque, segundo destacan, non foron chamados aínda a recibir a vacina de Astra-Zeneca, preparado que estaba a ser inoculados aos docentes menores de 55 anos ata a súa recente paralización. Desta vez, o suposto retraso do Sergas afectaría a un total de 18 profesores; é dicir, o 100% dos que exercen no centro, xa que “ningún docente foi aínda citado para o proceso de vacinación”, segundo subliñan no escrito.

PROBLEMAS BUROCRÁTICOS

Javier Rodríguez, director do centro, explica que leva tentando contactar coas autoridades autonómicas para poñer solución ao problema dende comezos deste mes. Ata o momento, desta lea burocrática tan só saiu unha explicación que non satisface aos de Arbo: a dilación débese a un problema no traslado dos datos. Javier non ve “razoable” que, dúas semanas despois, o problema continúe vixente: “é normal que haxa erros, pero que se manteña dende comezos de mes…”.

A dilación, apunta, está a ser recibida con “preocupación” por parte dos docentes, que agora, trala parada da vacinación de AstraZeneca, terán que agardar aínda máis para arrincar a inmunización. Días atrás, demandaran ao Sergas a “citación inmediata” do persoal, unha esixencia que, cando menos nos próximos días, non poderá ter lugar. “A este ritmo recibiremos a segunda dose cando remate o curso”, apunta Rodríguez.

“ESQUECIDOS” POLA XUNTA

Dende o colexio de Arbo lamentan o “anómalo” desta dilación cando, polo 4 de marzo, a Dirección Xeral de Saúde Pública cifraba xa no 90% o total de profesores menores de 55 anos inmunizados, segundo recollen no documento remitido a Educación. “Viamos que todos os centros do noso entorno estaban vacinados xa sen que a nós nos citaran”, explica o director. 

Este “esquecemento” por parte do Sergas gaña peso ante a vacinación masiva celebrada pola Xunta de Galicia na fin de semana pasada. “Aquí hai 18 profesores sen vacinar. Non nos poderían ter incluído nesas listaxes?”, pregúntase Rodríguez antes de lanzar a máxima que resume o sentir do CEIP Antonio Carpintero de Arbo: “non pedimos privilexios, só que nos traten igual que ao resto”.

ÚLTIMAS

Denuncian a expulsión dun neno de Infantil dun colexio de Vigo por non contar cun profesor de apoio

As familias do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo denuncian que a expulsión dun...

O acusado de asasinar ao okupa co que convivía en Vigo: “Eu non son o autor de nada, queríao como a un irmán”

O acusado de asasinar a un okupa co que convivía en Vigo declarouse inocente...

Caballero acusa ao BNG de “atacar” Vigo por oporse á nova A-52 que é “respectuosa co medio ambiente”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores o "ataque" á cidade do...

O home acusado de deixar sen un ollo á súa exparella en Vigo acepta 5 anos de cárcere

O home acusado dun delito de lesións con perda de órgano e sentido, Pablo...