InicioSociedade"O legalmente admitido en dereito é que a voda se celebre en...

“O legalmente admitido en dereito é que a voda se celebre en castelán con traductor automático”

Esta é a resposta dunha maxistrada a unha parella que pedía ser casada en galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a “estranxeirización” da lingua propia de Galicia por parte das administracións públicas. Esta nova denuncia está relacionada coa decisión dunha maxistrada do rexistro civil de Vigo que espondeu a unha parella que solicita que a súa voda se oficie en galego que “o legalmente admitido en dereito” é que o enlace se celebre en castelán, con tradución simultánea á nosa lingua.
“Unha vez máis”, recorda a vicepresidenta da Mesa Elsa Quintas, “a cidadanía galega ve vulnerados os seus dereitos lingüísticos por parte das entidades que están chamadas a defendelos, sendo forzada a elixir entre a súa lingua e a celebración dunha voda civil normal, como a de calquera cidadá española castelán falante”.
A Mesa lembra a liña do galego, servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...