InicioSucesosMorre un home ao ser atropelado polo seu propio vehículo nun garaxe...

Morre un home ao ser atropelado polo seu propio vehículo nun garaxe de Mos

O condutor deixara o automóbil mal inmobilizado e, ao aparcalo nunha pendente, o vehículo acabou desprazándose e atrapouno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home faleceu a última hora da tarde deste sábado ao ser atropelado polo seu propio vehículo nun garaxe de Mos, na zona de Puxeiros. Segundo informa o 112, o condutor deixara o automóbil mal inmobilizado e, ao aparcalo nunha pendente, o vehículo acabou desprazándose e atrapouno.

O servizo de emerxencias recibiu o aviso a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao fío das 19,45 horas da pasada tarde. Na súa comunicación, solicitaban a colaboración doutros equipos de intervención para liberar un home que resultara atrapado polo seu propio vehículo nun garaxe particular.

Desde o 112 pasouse aviso aos Bombeiros de Vigo e do Porriño, aos membros do GES de Mos e á Policía Local do municipio. Igualmente, informouse da situación aos membros de Emerxencias de Mos e aos efectivos de Protección Civil, por se fose necesaria a súa colaboración.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...