InicioSociedadeLevan ante Inspección de Traballo as condicións do persoal de Correos en...

Levan ante Inspección de Traballo as condicións do persoal de Correos en Tui, Ponteareas e Salceda

A CIG asegura que os empregados carecen de mesas e cadeiras "cómodas" e deben soportar "temperaturas extremas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG denunciou ante Inspección de Traballo as condicións do cadro de persoal das oficinas de Correos nos municipios pontevedreses de Tui, Ponteareas e Salceda de Caselas, onde aseguran que carecen de mesas e cadeiras “cómodas” e deben soportar “temperaturas extremas”.

Nun comunicado, a central nacionalista manifestou que o persoal “leva dous anos solicitando que se atendan” as súas peticións de liquidar as carencias dos centros, onde realizan as súas tarefas “pondo en risco a súa saúde”.

Así, o sindicato incidiu en que as reclamacións foron postas en coñecemento da dirección de Correos en Madrid no mes de marzo, polo que acusan á central de desoir as demandas dos seus traballadores.

“Aínda por riba a perda de poder adquisitivo, a subida do carburante que segue sen ser atendida por parte da empresa, revalorizando do suplido por este concepto, agora tamén pon en risco a saúde por non atender necesidades básicas”, sinalou.

“É inconcibible que sexa unha empresa ligada á administración quen incumpra a lei e trate os traballadores desta maneira”, engadiu a CIG.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...