InicioVigo e contornaVigo"A AP-9 dividiu Teis causando problemas que aínda sufrimos"

“A AP-9 dividiu Teis causando problemas que aínda sufrimos”

A asociación de veciños do barrio convoca unha mobilización para esixir melloras nas conexións sobre a vía ao Ministerio de Transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novas protestas contra a AP-9 en Vigo. A Asociación Veciñal de Teis vén de anunciar a convocatoria dunha concentración para o sábado 23 de abril na que esixirá ao Ministerio de Transportes solucións á mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa e a instalación de pantallas contra o ruído.

A mobilización está prevista para tal data ás 17:30 horas, na avenida Buenos Aires, a altura do aceso a autoestrada AP9, e chega despois de que a Asociación, segundo relatan, recibira unha carta por parte do Director Xeral de Estradas do Ministerio de Transportes, en resposta a un escrito remitido por esta Asociación en decembro de 2021.

“En relación a demanda da instalación de pantallas acústicas entre Teis e o centro da cidade, novamente non hai ningún compromiso concreto e cita que figura como unha actuación que figura no Plan de Acción contra o ruído de 2016, algo que xa sabemos e lembra que houbo unha renovación do pavimento para reducir a contaminación. É moi grave e incomprensíbel que o Ministerio, siga sen concretar ningún prazo para realizar está actuación na autoestrada AP9”, inciden dende a plataforma.

A outra demanda pasa pola mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa. Neste aspecto, aseguran que o Ministerio elude a súa responsabilidade ao insistir que se trata de pasos peonís, non para pasos de vehículos. Dende a plataforma aseguran que “nestes pasos pasan turismos desde hai mais 40 anos”.

“A resposta do Ministerio, sobre os pasos elevados da Xorxa e da Trapa, indica que non saben do que falan e fan unha resposta sen molestarse en coñecer a demanda veciñal, pois calquera que se achegue a estes pasos elevados pode comprobar que poden pasar vehículos e peóns”, volven incidir.

“Desde a Asociación, só pedimos que se melloren uns pasos elevados, que están en uso da posta en funcionamento da autoestrada AP9 en 1979 e que repoñían os viais anteriores. Non pedimos que se constrúan uns novos pasos. É tan difícil mellorar uns pasos elevados pola falta de mantemento?. Que tipo de responsábeis políticos están neste Ministerio de Transporte, que reiteradamente ignoran as nosas xustas demandas, ou que lles das igual o pase en Teis ou en Vigo?”, subliñan.

ÚLTIMAS

O Álvaro Cunqueiro deu cobertura fisioterapéutica a medio milleiro de pacientes

O servizo de Medicamento Intensivo do hospital vigués Álvaro Cunqueiro cumpriu un ano desde...

Queda visto para sentenza o xuízo contra os catros acusados de introducir 650 quilos de cocaína en Vigo

O xuízo contra 4 acusados de introducir 650 quilos de cocaína, camuflados entre palés...

Caballero ameaza con acudir á Competencia se Iberia sobe os prezos tras recortar frecuencias en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns o seu desacordo co recorte...

UGT anuncia accións legais contra os despedimentos e a externalización de servizos en Down Vigo

UGT Servizos Públicos Vigo anunciou que emprenderá “todas as accións legais precisas” para impedir...