InicioDeportesMorre Lino Blanco, un dos grandes xornalistas deportivos de Vigo

Morre Lino Blanco, un dos grandes xornalistas deportivos de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pesar no mundo do xornalismo polo pasamento de Lino Blanco Barcia. Nado en Mondariz hai 57 anos, desenvolveu toda a súa carreira profesional no xornalismo deportivo da contorna de Vigo, que cubriu para medios como o Atlántico Diario, Diario 16, a Cadena Cope ou o Faro de Vigo.

Na Televisión de Galicia fíxose célebre polas súas coberturas dos partidos do Celta de Vigo, mais nunca esqueceu a información sobre os deportes máis minoritarios e de base, ademais de levar a comunicación de varias competicións e clubes deportivos. Como proxecto máis persoal, publicaba entrevistas e artigos no seu blog Estibando palabras.

Nas últimas horas chegaron mensaxes de pésame desde todo o mundo do xornalismo. Tamén a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión transmitiulle o pésame a súa familia.
O velatorio de Lino Blanco está a realizarse na sala nº 2 del tanatorio Emorvisa en Vigo. Ás 17.30 serán trasladados á igrexa parroquial de San Martiño de Vilasobroso, en Mondariz, onde se realizará o funeral ás 18:00 e posteriormente serán inhumados os seus restos.

ÚLTIMAS

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Besteiro reclama un consenso político e social para facer da vivenda o “quinto piar” do Estado do Benestar

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou este sábado un "amplo...

Teresa Marchante será a candidata de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo para acabar co “teatro” político

Esquerda Unida de Vigo elixiu a Teresa Marchante como candidata á Alcaldía para poñer...

Un condutor sen carné acaba detido en Vigo tras unha persecución a máis de 120 km/h e embestir un coche patrulla

Unha persecución policial polo centro de Vigo rematou na mañá deste venres coa detención...