InicioSociedadeO Concello de Vigo inicia a tramitación do convenio con Zona Franca...

O Concello de Vigo inicia a tramitación do convenio con Zona Franca para rehabilitar a Panificadora

O Concello xa está a avanzar nas expropiacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo levará a próxima semana ao Consello da Xerencia de Urbanismo a incoación do expediente do convenio entre o Concello e a Zona Franca para desenvolver o ámbito da antiga Panificadora. Así o confirmou o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen avanzou que, entre as expropiacións, a urbanización e as obras, a recuperación desa contorna debería estar finalizada nuns catro anos.

“O Concello de Vigo e a Zona Franca continuamos no avance conxunto da ocupación da Panificadora para pola a disposición de todos os cidadáns de Vigo”, proclamou o rexedor.

Así, ambas as institucións asinarán un acordo para a rehabilitación dun edificio emblemático do patrimonio industrial da cidade, que está abandonado desde hai décadas, co fin de convertelo nun espazo para uso e goce público. Ademais, mellorarase a contorna e os accesos á Praza do Rei, á rúa Santiago e á zona alta do Casco Vello.

O alcalde explicou que o ámbito se divide en dúas áreas: unha de 2.500 metros cadrados entre Praza do Rei e a rúa Santiago, que será desenvolvida polo Concello e onde haberá espazos libres e zonas verdes.

A segunda zona contará coas edificacións vinculadas á Panificadora, e é unha área duns 7.000 metros cadrados, que será desenvolvida por Concello e Zona Franca.

A administración local completará os trámites de expropiación, os proxectos de urbanización e concederá as licenzas necesarias; mentres que Zona Franca pagará o custo da obtención de chan, redactará e executará os proxectos de urbanización e rehabilitación, e financiará todas as obras.

Caballero sinalou que o Concello xa está a avanzar nas expropiacións e que, a continuación, comezará a urbanización e posta en servizo da área dotacional.

ÚLTIMAS

“Levo ao voso equipo en espírito!”… Madonna aínda ten a camisola do Celta

Madonna respondeu, 72 horas despois, á chamada do Real Club Celta de Vigo na...

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...