InicioVigo e contornaVigoDetido un home en Vigo por outro delito de violencia de xénero

Detido un home en Vigo por outro delito de violencia de xénero

O detido tivera unha orde de afastamento pero esta xa caducara.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home, J.M.P., natural de Ourense e de 42 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar á súa exparella e golpeara porta da súa vivenda. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite deste martes, cando unha dotación do 092 acudiu a unha vivenda da rúa Camiño da Taberna, alertada por unha testemuña que informaba da presenza dun home en actitude agresiva golpeando a porta da casa da súa exparella.

Cando os axentes chegaron, atopáronse ao sospeitoso tombado nun sofá na entrada traseira da vivenda, rodeado de obxectos que estaban tirados no chan. Ao entrevistarse coa muller, esta relatou aos policías que mantivera unha relación sentimental co home, ata o ano 2020, momento en que rompeu esa relación como consecuencia dun episodio de ameazas. Naquel momento, tras a pertinente denuncia, foi emitida unha orde de afastamento de 8 meses.

Ao finalizar a vixencia desa medida ambos retomaron a relación, pero ultimamente estaban a ter problemas pola actitude agresiva do home, que ese mesmo día ameazáraa de gravidade. Por estes feitos, os axentes procederon á súa detención como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo propón converter o Ifevi nun recinto de grandes concertos para salvar o bosque de Navia

O BNG de Vigo puxo sobre a mesa unha alternativa para que a cidade...

Abel Caballero reclama á Deputación de Pontevedra unha débeda de 50 millóns e acusa á institución de infrafinanciar Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este venres á Deputación de Pontevedra unha...

A Xunta insta ao Concello de Vigo a actuar tras detectar niveis elevados de chumbo na auga en Beade

A Xunta de Galicia solicitou ao Concello de Vigo que adopte medidas correctoras despois...

Temporal.- Vigo volve quedar sen tren por segundo día consecutivo

Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe...