InicioVigo e contornaVigoO autobús urbano de Vigo sobe a 1'40€ agás para persoas con...

O autobús urbano de Vigo sobe a 1’40€ agás para persoas con PassVigo

Os estudantes manternase no prezo anterior e os pensionistas seguirán sen pagar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A tarifa do autobús urbano de Vigo subirá en 5 céntimos ata 1,40 euros desde o 1 de xaneiro de 2022, pero manterase sen cambios para usuarios con cartóns de desconto ao asumir o incremento o Concello. Nunha rolda de prensa celebrada este xoves en Vigo, o alcalde, Abel Caballero, rexeitou estimar o custo que suporá para o Concello asumir o incremento da tarifa para usuarios con cartóns de descontos ou a exención de pago para os colectivos para os que se establece a gratuidade do servizo ao insistir no impacto da evolución da pandemia dificulta estimar o volume de pasaxeiros.

“Dadas as circunstancias nas que estamos é necesario facer reconsideración do prezo do autobús urbano en Vigo”, sinalou o alcalde, que apuntou que “os datos que constan nos pregos (de contratación) indican que hai que facer subida do prezo a 1,40 euros”. Aínda que sinalou que a empresa “pedía moito máis”, concretou que, finalmente, “axustouse a petición” e decidiuse aplicar unha subida de 5 céntimos na tarifa, que pasará de 1,35 euros a 1,40.

No entanto, Abel Caballero afirmou que o incremento non afectará o custo do servizo para os usuarios do cartón Pass Vigo e os que conten con descontos sociais ou por ser estudantes. Así mesmo, manterase a gratuitade do transporte urbano para os pensionistas e os usuarios de cadeiras de rodas e os seus acompañantes.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...