InicioEconomíaAbel Caballero aposta por suprimir peaxes na AP-9 e pide responsabilidades ao...

Abel Caballero aposta por suprimir peaxes na AP-9 e pide responsabilidades ao PP por prorrogar a concesión

Di que a prórroga da concesión da AP-9 por 25 anos máis durante o Goberno de Aznar, e "apoiada polo PP de Galicia", "foi unha barbaridade, un disparate".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este martes a súa aposta pola supresión das peaxes na autoestrada AP-9 “se existe unha xanela de oportunidade”, e esixiu responsabilidades ao PP pola prórroga da concesión aprobada en 2000, e que supón que Audasa explotará o viario ata 2048.

Nunha roda prensa, a preguntas dos medios sobre o requirimento da Comisión Europea ao Goberno de España por un incumprimento da normativa comunitaria na aprobación das prórrogas, o rexedor olívico sinalou que, aínda que descoñece os detalles dese procedemento, “se existe unha xanela de oportunidade” dará o seu “apoio total” á eliminación do pago, polo menos no que respecta a Vigo.

Abel Caballero manifestou que a prórroga da concesión da AP-9 por 25 anos máis durante o Goberno de Aznar, e “apoiada polo PP de Galicia”, “foi unha barbaridade, un disparate”, que condena aos usuarios a “pagar eternamente”, polo que esixiu “responsabilidades” ao PP, “que nunca levantou a voz en contra das peaxes”.

Segundo recalcou o alcalde de Vigo, “todas as reducións e supresións” de peaxes nesa autoestrada foron impulsadas por gobernos socialistas. “Por iso quero que o Goberno manteña a competencia sobre a autoestrada”, proclamou, e avanzou que falará co Executivo de Sánchez sobre o requirimento da Comisión Europea e sobre a posibilidade de que a AP-9 sexa liberada de peaxe.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...