InicioSociedadeA Xunta presume dos peregrinos que durmiron no seu albergue desde o...

A Xunta presume dos peregrinos que durmiron no seu albergue desde o 1 de xullo

Recibiu xente de varios países europeos e comunidades españolas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 473 peregrinos pasaron xa polo albergue ‘Juan Manuel López-Chaves’, que abriu as súas portas no Casco Vello de Vigo o pasado 1 de xullo, segundo informou a Xunta de Galicia.

A delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias destacou a “boa acollida” deste servizo, e lembrou que o Camiño Portugués pola Costa, que atravesa a cidade de Vigo, segue sendo unha das rutas xacobeas “máis demandadas” e é elixida, xunto coa vertente polo interior, polo 25 % dos peregrinos que chegan a Santiago.

Desde a súa posta en servizo, o albergue vigués acolleu peregrinos de diversas procedencias, o que pon de manifesto a “popularidade” do Camiño en diferentes territorios, e incidiu en que a ruta portuguesa pola costa foi unha das que rexistrou maior incremento de afluencia en 2019 “e mantense en auxe”.

O albergue ‘Juan Manuel López-Chaves’ foi reservado por peregrinos de 29 países, como República Checa, Italia, Romanía, Francia, Eslovenia, Alemaña, Estados Unidos, México, Australia, Rusia ou Suecia, entre outros. Por outra banda, tamén recibiu visitantes doutras Comunidades de España (Andalucía, Baleares, Canarias, Estremadura, Aragón, Valencia, Navarra, Castela e León, Castela A Mancha, Cataluña, Madrid e Murcia).

O albergue, que ten seis plantas, conta cunha capacidade de de 93 prazas, aínda que o aforamento reduciuse actualmente como medida de prevención ante a Covid.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...