InicioSucesosServizos sanitarios atenden unha muller tras incendiarse o baixo da súa vivenda...

Servizos sanitarios atenden unha muller tras incendiarse o baixo da súa vivenda en Vigo

O incidente tivo lugar na parroquia de Coruxo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser atendida polos servizos sanitarios por mor dun incendio declarado no baixo da súa vivenda en Vigo. Segundo informaron os Bombeiros de Balaídos, que se dirixiron ao momento nada máis ser alertados polo 112 Galicia, arderon dous conxeladores almacenados na planta baixa do inmoble, o que provocou unha intensa fumareda na estancia.

Foi un particular quen, sobre as 16,15 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía unha casa na parroquia de Coruxo e que había persoas tentando conter as lapas. Ademais de pasar aviso aos bombeiros da cidade, púxose en alerta aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...