InicioPolíticaAbel Caballero reclama á Xunta a "recuperación" e "salvación" do sector naval...

Abel Caballero reclama á Xunta a “recuperación” e “salvación” do sector naval vigués

O alcalde de Vigo criticou que o Goberno galego "esconda" o Estatuto de Autonomía "cando se trata das súas obrigacións", xa que remarcou que ten competencias en materia industrial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu a presentación “de forma inmediata” dun plan de “recuperación” e “salvación” do sector naval da cidade á Xunta, así como que concrete “cantos recursos vaille a dedicar”.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves na urbe olívica, o rexedor advertiu do “serio problema” que presenta o naval vigués e puxo o foco no “risco importantísimo que paira sobre H.J. Barreras” despois de que este estaleiro comunicase a contratación dunha consultora para “buscar alternativas que garantan a súa viabilidade” e o buque ‘Evrima’ fose trasladado a Santander para traballos de pintura.

Ante esta situación, o alcalde defendeu que “quen ten que presentar un plan de recuperación e salvación” do sector naval “é a Xunta” e incidiu na necesidade de que o entregue “de forma inmediata”. “Eu esíxolle á Xunta que, de forma inmediata, presente un plan de recuperación do naval de Vigo, que o fale co Goberno de España e apoiarémolo“, garantiu.

Neste sentido, criticou que o Goberno galego “esconda” o Estatuto de Autonomía “cando se trata das súas obrigacións”, xa que remarcou que ten competencias en materia industrial.

Precisamente, o rexedor puxo o foco en que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, participou este mércores na inauguración do Salón do Automóbil na cidade olívica, polo que “puido achegarse a Barreras” e “preguntar” cal era a súa situación.

No entanto, reprobou que Feijóo, o vicepresidente económico, Francisco Conde, e o director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, “non pisen” Barreras, que, na súa opinión, parece que “deixase de existir para a Xunta”, mentres o presidente galego “sacaba fotos todos os días” cando a pasada década apadriñou entrada da filial de Pemex, PMI, no accionariado.

CIDADE DA XUSTIZA

Por outra banda, considerou “insuficientes” as prazas de aparcadoiro das que se dotará á futura Cidade da Xustiza de Vigo –306 para vehículos e 119 para motocicletas– e acusou ao Goberno galego de “atrasar” a obra, que se prevé que conclúa este outono, para “espaciar” o abono do importe da mesma durante varios exercicios.

Preocúpame que leven xa dous anos de atraso, que é duplicar o tempo previsto”, aseverou o alcalde, que censurou que “con iso crean que saldan a débeda multimillonaria”, que, ao seu xuízo, contraeu o Executivo autonómico coa cidade.

Noutra orde de cousas, Abel Caballero asegurou que este martes a Xunta “ocupou O Berbés sen pedir permiso” para celebrar o acto de presentación do novo albergue de peregrinos de Vigo.

No entanto, a delegada territorial do Goberno galego, Marta Fernández-Tapias, asegurou que se comunicou e solicitouse permiso ao Concello para a celebración do evento, ao que lembrou que asistiron os concelleiros Carlos López Font e María José Caride.

ÚLTIMAS

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...

O Goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional en apoio á Global Sumud Flotilla

O goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional de apoio á Global Sumud Flotilla,...