InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs mareas condicionan a distribución de microplásticos emitidos por depuradoras

As mareas condicionan a distribución de microplásticos emitidos por depuradoras

O estudo foi realizado pola UVigo e a de Aveiro en Portugal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un estudo desenvolvido por investigadores das universidades de Vigo e Aveiro (Portugal) e do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) sostén que as mareas condicionan a distribución dos microplásticos que emiten as depuradoras.

Este traballo, que foi publicado recentemente en revístaa ‘Marine Pollution Bulletin’, baséase en datos obtidos sobre o transporte e a acumulación de microplásticos emitidos a través das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) na Ría de Vigo.

Segundo informou a Universidade de Vigo (UVigo), esta investigación estima que as centrais de tratamento de augas residuais son “a principal fonte de microplásticos en zonas costeiras, debido ao lavado de pezas cun alto contido en fibras plásticas”.

Os investigadores simularon con partículas virtuais as traxectorias seguidas polos microplásticos a partir do sete depuradoras existentes na Ría. Así, “a maior concentración de microplásticos modelizada” foi observada na costa sur da ría viguesa, concretamente preto de Samil, en Vigo, “sendo practicamente inexistente en áreas do interior da ría”.

De acordo co traballo, con mareas vivas ao redor dun 20 por cento dos microplásticos emitidos na ría “chegarían ao océano aberto”, un 24 por cento quedarían “nas proximidades das Illas Cíes, e o restante repartiríase ” polo conxunto da ría”. En caso de mareas mortas, a cantidade de microplásticos exportados ao océano aberto e as Illas Cíes sería “insignificante”.

Desta forma, detectouse que “o estado da marea no instante de emisión de microplásticos é fundamental para coñecer o seu posterior transporte e determinar as zonas de acumulación”. A partir diso, os investigadores indicaron que se poderán “mellorar as estratexias de emisión co fin de minimizar o seu impacto no interior da ría”.

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...