InicioSociedadeColectivos vinculados ás residencias: "Non se aprendeu nada da primeira onda"

Colectivos vinculados ás residencias: “Non se aprendeu nada da primeira onda”

Aseguran que parece mentira" que, tras unha primeira onda pandémica, os traballadores das residencias sigan traballando "con máscaras cirúrxicas" e só dispoñan de máscaras FFP2 "cando xa se detectou un contaxio".

PUBLICADO O

Representantes da Asociación TREGA (Traballadores de Residencias de Galicia), do colectivo REDE (de familiares de usuarios de centros xeriátricos) e do Movemento Galego pola Defensa das Pensión (MODEPEN) concentráronse este xoves ante a delegación territorial da Xunta en Vigo para denunciar a situación da residencia de maiores de Salvaterra, intervida pola administración, e de todos os centros xeriátricos nos que “parece que non se aprendeu nada da primeira onda da pandemia de COVID“.

Así, o presidente de MODEPEN, Gonzalo Balo, criticou que, pese ao “sufrimento” dos primeiros meses da pandemia, con miles de mortos de residencias de toda España e centos de Galicia, “nin a administración nin as empresas fixeron nada” para evitar que esta segunda onda chegase aos centros con consecuencias “aínda máis graves”.

Na mesma liña, a portavoz de TREGA (colectivo que denunciou ante Política Social e ante o Sergas a situación da residencia de Salvaterra), Cristina Moreno, subliñou que o principal problema dos centros xeriátricos é a falta “sanguenta” de persoal, e denunciou que as inspeccións non son efectivas porque as direccións dos centros coñécenas con antelación.

Segundo lamentou, “parece mentira” que, tras unha primeira onda pandémica, os traballadores das residencias sigan traballando “con máscaras cirúrxicas” e só dispoñan de máscaras FFP2 “cando xa se detectou un contaxio”. “Falta persoal, o que hai non dá abasto para atender aos usuarios, para porse e quitarse os EPI correctamente, non se respectan os circuítos de limpo-sucio”, criticou.

Os colectivos convocantes da concentración subliñou que o problema de fondo das residencias é o modelo de xestión, que favorece a “progresiva deterioración da atención” ao confiar un servizo básico a empresas privadas, guiadas polo “mercantilismo” e o “negocio”. A iso súmase que, no actual contexto de pandemia, a Xunta “mirou para outro lado”, demostrando a súa “inoperancia”.

Por todo iso, volveron a reclamar o “inmediato cesamento” de Berta Bicada, xefa do servizo de Inspección de Maiores e Discapacitados; a “plena recuperación da xestión pública” das residencias; e o inicio da construción dos centros anunciados para o sete grandes cidades, porque Galicia ten un déficit de máis de 10.000 prazas e o 76 por cento das que hai están en mans privadas.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...