InicioSociedadeSERGAS recomenda agora o uso de máscaras logo de cesar á xefa...

SERGAS recomenda agora o uso de máscaras logo de cesar á xefa de ciruxía do Cunqueiro por este motivo

O SERGAS e Feijóo defenderon o cese por falta de confianza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O día 21 de marzo de 2020 a Xefa de Ciruxía Plástica e Reparadora do Hospital Álvaro Cunqueiro, Eva Maquieira, atopábase en illamento por posible contaxio de coronavirus. Queixouse no seu perfil persoal de Facebook por ser reprendida polos seus mandos superiores por utlizar máscara cirúrxica na súa actividade sanitaria diaria na atención de curas e consultas onde resultaba imposible manter o distanciamento de un metro.

“Me han tachado de irresponsable por ir generando alarmismo en la población”

A Xerencia recomenda agora o uso de máscaras para o persoal

Con data 12 de abril de 2020 a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo remitiu unha nota a todo o persoal sanitario, indicando que “parece prudente aconsellar o uso de mascarillas cirúrxicas por parte das/os traballadoras/es dos centros sanitarios, cando se atopen en espazos de traballo nos que resulte imposible manter medidas de distanciamento físico aconselladas (dous metros) e durante o tempo que sexa necesario estar nese espazo.

O SERGAS e Feijóo defenderon o cese por falta de confianza

O xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, comunicoulle o cesamento en persoa á facultativa un día despois de publicar a mensaxe en Facebook por cuestionar públicamente en redes sociais as indicacións de Medicina Preventiva e abrir o debate clínico e a discrepancia fóra do ámbito interno, xerando desconfianza e alarma entre a cidadanía.

Feijóo defendía do mesmo xeito a decisión acordada pola xerencia, afirmando “Tenemos que estar a una y si hay un fallo de confianza mutua, hay que responder con diligencia”

O presidente galego tamén sinalaba que, cando hai discrepancias, “o lóxico” é que o persoal opine sobre o seu propio servizo e lembrou que a “discrepancia” desta médica referíase non á súa área senón a un servizo “competente” como é o de Medicina Preventiva. “A xerencia ten que actuar, ten que tomar decisións”, xustificaba.

A defensa do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra

O Colexio oficial de Médicos da provincia de Pontevedra criticaba tamén o cesamento da xefa de sección de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), Eva Maquieira Gómez, que considerou “improcedente”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...