InicioSucesosDetido en Vigo tras atacar os policías que lle chamaron a atención...

Detido en Vigo tras atacar os policías que lle chamaron a atención por ter a música a un volume “enxordecedor”

O home atacou os axentes cun 'cutter'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.B.C., de 34 anos de idade, como presunto autor dun delito de desobediencia e atentado contra axentes da autoridade, tras atacar os funcionarios policiais que lle chamaron a atención por pór música a gran volume.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá do domingo, cando unha dotación do 092 se dirixoiu a un edificio do Calexón de Núñez, alertada polos veciños porque alguén tiña posta a música moi alta, o que resultaba molesto e impedía a normal convivencia.

Unha vez no lugar, os axentes constataron que, do domicilio desa persoa, saía un ruído “enxordecedor”, que mesmo se escoitaba desde o portal do inmoble. Ao entrevistarse co responsable, e tras “moito dialogar”, este aceptou baixar o volume.

Con todo, cando a unidade policial estaba a saír polo portal, decatouse de que o home volvera aumentar o volume da música, desatendendo os requirimentos dos axentes, e cunha “manifesta intencionalidade” de “molestar”.

Por iso, os policías volveron subir á súa casa e, cando chamaron a porta, este veciño abriu e atacounos cun ‘cutter’. Os axentes lograron repeler a agresión e reducilo, antes de detelo por atentado contra a autoridade.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...