InicioSucesosA Guarda Civil incauta falsificacións por valor de 16.000 euros en dous...

A Guarda Civil incauta falsificacións por valor de 16.000 euros en dous bazares de Vigo

As aprehensións na provincia ascenden a 13 no que vai de ano, cunhas 2.000 pezas intervidas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Guarda Civil incautouse dunha partida de roupa e de diferentes artigos supostamente falsificados, e que estaban dispostos para a venda ao público en dous bazares da cidade de Vigo.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, a actuación foi levada a cabo pola Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Comandancia de Pontevedra, no marco dunha inspección para comprobar o cumprimento da normativa fiscal en dous bazares, propiedade da mesma persoa.

Nesas inspeccións, a Guarda Civil atopou un lote de roupa e outros efectos con etiquetas e logotipos falsificados de marcas rexistradas. Así mesmo, comprobou que o propietario dos bazares non tiña as facturas de compra desa mercadoría, nin tampouco autorización de venda das marcas rexistradas, polo que se lle está investigando como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial.

Os axentes incautáronse dun total de 118 pezas de vestir (camisetas e equipamentos deportivos) e outros 183 artigos, fundamentalmente, material deportivo e enxoval do fogar. O valor da mercadoría intervida é duns 16.000 euros. As dilixencias practicadas e o material intervido foron postos a disposición dun xulgado de instrución de Vigo, onde deberá comparecer o investigado cando sexa requirido.

OUTRAS ACTUACIÓNS

A Guardia Civil realizou, o pasado ano, 32 actuacións na provincia de Pontevedra relacionadas coa comercialización de roupa e outros efectos falsificados, a maior parte en mercadiños e feiras. En total, interviñéronse 5.107 artigos, cuxo valor no mercado supera os 360.000 euros, e detívose ou investigou a 37 persoas por delitos contra a propiedade industrial.

No que vai de 2018, leváronse a cabo 13 aprehensións e detívose ou investigou a 13 persoas. Nesas operacións, interviñéronse case 2.000 pezas, por valor de 104.320 euros.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...