InicioEconomíaA Xunta, convencida de que a estación de autobuses de Vigo será...

A Xunta, convencida de que a estación de autobuses de Vigo será intermodal coa chegada dos peregrinos do Xacobeo 21

Defende que houbo "un gran impulso" ás obras da terminal durante o verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, defendeu este luns que “o traballo da Xunta” permite que este mes de outubro as obras das estacións intermodais que corresponden á Administración autonómica estean en marcha en Santiago, Ourense, Vigo e Pontevedra, mentres se avanza nos deseños das estacións de autobuses da Coruña, Lugo e Ferrol.

En resposta ao parlamentario popular Gonzalo Trenor, quen destacou o labor do Executivo autonómico e contrapúxoo co dalgúns gobernos locais, Maestro fixo un repaso do estado actual das actuacións que desenvolve o departamento autonómico nas distintas cidades galegas.

Sobre as actuacións da Xunta en Vigo, o director xeral defendeu que as obras da terminal de autobuses recibiron “un gran impulso” durante este verán. A previsión das administracións é finalizalas en 2021.

Ignacio Maestro afirmou que as estacións de autobuses serán intermodais cando cheguen os viaxeiros chamados polo Xacobeo de 2021, e expresou a “preocupación” da Xunta polo “descoñecemento” dos prazos previstos polo Ministerio de Fomento para adaptar as estacións de tren á chegada do AVE.

ÚLTIMAS

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...