InicioVigo e contornaVigoFinaliza o retorno dos militares da Brilat desde Malí co regreso a...

Finaliza o retorno dos militares da Brilat desde Malí co regreso a Vigo da segunda rotación

PUBLICADO O

- Advertisement -

O despregamento de militares da Brilat en Malí finaliza co retorno da segunda rotación que ten a chegada prevista ás 20,40 horas deste martes no aeroporto vigués de Peinador.

Segundo informou a Brilat, trátase de ao redor de 130 militares que completan o retorno do persoal que se atopaba despregado en Malí e que foron relevados pola Brigada Canarias, que realizará os seus labores neste país durante o próximos seis meses.

Neste voo viaxará o tenente coronel Jose María Leira Neira, xefe do continxente, indicou a Brilat, que lembra que a misión de adestramento da Unión Europea en Malí, ‘EUTM-Malí’, proporciona ao Exército maliano adestramento militar e asesoramento nas cadeas de mando e control, loxística e xestión de recursos humanos, xunto con dereito internacional humanitario.

O 1 de abril de 2013 despregáronse forzas españolas para a operación ‘EUTM Malí’ co obxectivo de dar resposta ás necesidades operativas as Forzas Armadas Malianas mediante apoio á formación das Forzas Armadas e formación e asesoramento en mando e control, apoio loxístico e recursos humanos, así como formación en Dereito internacional humanitario, protección de civís e os Dereitos Humanos.

Ademais, tamén colaboran os militares españois para, a petición de Malí e en coordinación coa Misión Multidimensional Integrada de Estabilización das Nacións Unidas en Mali (Minusma), contribuír ao desarmamento, a desmovilización e o proceso de reintegración incluídos no Acordo de Paz, mediante a realización de sesións de formación para a reconstrución das forzas armadas de Malí.

ÚLTIMAS

Sete policías atendidos e un ingresado por inhalación de fume no incendio dun piso da avenida de Castelao

Sete axentes da Policía Nacional tiveron que ser atendidos por inhabilación de fume ao...

Catro persoas feridas nun choque entre varios coches na avenida da Gran Vía, un deles da Policía Local

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión entre vehículos en Vigo, un deles da Policía...

Un detido e catro coches policiais danados na persecución a un condutor que se deu á fuga

Un home de 31 anos foi detido en Vigo tras darse á fuga cando...

O Concello reclama a Louzán (RFEF) que aclare os criterios de elección de sedes do Mundial que deixan fóra a Vigo

O goberno municipal de Vigo remitiu unha carta ao recentemente elixido presidente da Real Federación Española de...