InicioSucesosSete policías atendidos e un ingresado por inhalación de fume no incendio...

Sete policías atendidos e un ingresado por inhalación de fume no incendio dun piso da avenida de Castelao

A persoa que alertou explicou que había unha árbore de Nadal ardendo sen poder explicar se había xente dentro da casa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sete axentes da Policía Nacional tiveron que ser atendidos por inhabilación de fume ao desprazarse ao incendio rexistrado nun piso de Vigo nesta xornada, segundo informa o 112 no seu parte de incidencias. Do suceso, tívose constancia dez minutos antes do seis da mañá. Foi nun piso da avenida de Castelao. A persoa que alertou explicou que había unha árbore de Nadal ardendo sen poder explicar se había xente dentro da casa.

Inicialmente, desde o 112 informouse que un policía necesitara asistencia, ademais doutras tres persoas que se atopaban no piso da avenida de Castelao. Con todo, finalmente o Hospital Vithas Vigo confirmou que o servizo de Urxencias atendeu a un total de sete axentes da Policía Nacional que participaran no operativo. Os sete presentaban irritación das vías aéreas debido á inhalación de fume. Todos eles foron atendidos con terapia inhaladora e mediación.

Ao mediodía, seis deles xa foran dados de alta mentres que un sétimo, por prescrición médica, continuaba ingresado para observación e continuar co tratamento integral dos seus síntomas, informaron o centro. O Corpo de Bombeiros precisou que algunhas cortinas se incendiaron debido a unhas velas preto delas. Efectivos de Protección Civil colaboraron, ademais, na evacuación do edificio no momento do incendio.

Ademais, na xornada do martes, sobre as 19.30 horas, alertouse tamén dun incendio nun garaxe en Pregontoño, na parroquia de Burres, en Arzúa. Unha persoa tivo que ser atendida e trasladada a un centro de saúde por inhalación de fume. Á zona, desprazáronse efectivos de emerxencias, entre eles bombeiros que se encargaron de apagar o lume que afectou a varios mobles do garaxe, así como parte do teito.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...