InicioVigo e contornaVigoO PP insiste en revalorizar as pensións e ve como un "risco"...

O PP insiste en revalorizar as pensións e ve como un “risco” vinculalas ao IPC

O candidato Daniel Lacalles remarcou que "todos os países da Unión Europea (UE) revalorizan as súas pensións con respecto a diferentes baremos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PP ao Congreso Daniel Lacalle asegurou que, se este partido volve estar á fronte do Executivo central tras as próximas eleccións do 28 de abril, as pensións de xubilación revalorizaranse “” e advertiu do “risco” que leva vinculalas co Índice de Prezos ao Consumidor (IPC), xa que este podería arroxar valores negativos.

Previamente á súa participación nun encontro con empresarios en Vigo, o economista e asesor persoal do presidente do PP, Pablo Casado, remarcou que “todos os países da Unión Europea (UE) revalorizan as súas pensións con respecto a diferentes baremos”. Deste xeito, incidiu en que o seu obxectivo é que estas se incrementen “máis” que o IPC.

Ademais, apostou pola recuperación do Pacto de Toledo, así como por elaborar unha “política de Estado” a este respecto que non estea influída por un partido determinado . Precisamente, esta semana o PSOE instaba ao PP a aclarar as afirmacións de Lacalle, que recalcara que o “debate” das pensións debíase situar en relación á porcentaxe do seu recorte.

O economista, que manifestou que as súas declaracións foran terxiversadas, acusou ao Partido Socialista de xerar “fake news” sobre este tema e, por esta razón, volveu ha remarcar a aposta do seu partido pola subida das pensións de xubilación que, segundo recalcou, “non están en perigo”.

Ademais, cualificou como un anuncio de “recorte” das pensións de viuvez a proposta do secretario de Estado de Seguridade Social, Octavio Selecto, para vinculalas á renda dos beneficiarios.

ÚLTIMAS

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...

Caballero alerta de que a Vigo lle quedan 38 días de auga “con garantía de calidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir da situación de seca e asegurou...