InicioSociedadeComeza en Oia a tempada de curros

Comeza en Oia a tempada de curros

Este domingo celebrarase en Valga, onde a actividade comezará desde primeira hora da mañá e se prolongará ao longo da xornada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A tempada de rapas das bestas comeza esta fin de semana en Oia co tradicional curro da Valga, que se celebra este domingo 8 de maio. A actividade comezará desde primeira hora da mañá e prolongarase ao longo da xornada. O momento central da celebración -tarefas de rapa e marcado- terá lugar en torno ás 17.00 horas, segundo indica o Concello de Oia.

Será a partir das 9.00 horas cando gandeiros e gandeiras comezarán a xuntar as bestas, e o Concello estima que a chegada dos cabalos ao recinto da Valga se producirá arredor as 13.00 horas. Xa pola tarde, sobre as 17.00 horas, terán lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no
monte.

En total, o Concello de Oia calcula que arredor duns 300 cabalos participarán este ano.
“O curro da Valga transcorrerá no seu habitual ambiente festivo, de forma que as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar dunha xornada que combina actividade, celebración e tradición popular arredor do cabalo da Groba”, explica nunha nota remitida aos medios. Tralo de Valga, virán os curros de Torroña (5 de xuño) e Mougás (12 de xuño).

O Concello de Oia lembra a prohibición de realizar acampadas e solicita a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...