O pasado outono, a pequena parroquia rural de Chandebrito, no concello de Nigrán, foi considerada a “zona cero” dos incendios en Galicia. Queimouse a práctica totalidade do monte e morreron dúas persoas tentando escapar do lume.

No centro desta fotografía pode verse a Pedro Sánchez, actual presidente do Goberno (á esquerda do alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez) na súa visita a Chandebrito trala traxedia.

Incendios de chandebrito visita de Pedro Sanchez.
Pedro Sanchez, Gonzalo Caballero o Alcalde de Nigran camiñan polos montes queimados do contorno de Chandebrito/Miguel Nuñez

Quedou unha paisaxe desoladora, para recordar a cada galego e galega que debemos evitar que unha traxedia coma esta se repita. Tamén con esta fin, inaugurouse a pasada semana o Bosque da Memoria, que con especies autóctonas defende outra maneira de entender o monte, dende a responsabilidade.

Chandebrito, tralos incendios de 2017 / Miguel Núñez

A un lado, paus escuros reflicten o pasado a evitar. Ao outro, crece a natureza viva que debemos coidar.

Regato en Chandebrito/ Enrique Martínez

O artista Juan Coruxo levantou o monumento “O Chamizo”, como unha maneira de rememorar a loita contra o lume de tantos homes e mulleres no 2017, a súa heroicidade do 15 de outubro.

En memoria da loita contra o lume/ Miguel Núñez

Coruxo puxo rostro á traxedia e simbolizou as cicatrices que sempre quedarán, con dúas persoas falecidas e miles de hectáreas queimadas por toda Galicia, tamén en Portugal.

En memoria da loita contra o lume/ Miguel Núñez

A traxedia tinxiu Chandebrito de amarelo, recordando por momentos á sabana africana. Pero, pouco a pouco, o monte vai collendo cor.

A “sabana” de Chandebrito / Enrique Martínez

Chandebrito loita por florecer de novo. Na auga, a vida, o futuro.

Auga para o muíño/ Enrique Martínez

E este pobo reconvértese: de símbolo tráxico a horizonte que ter en conta na procura dun mellor modelo de xestión dos nosos espazos naturais.

Mirador de Chandebrito/ Miguel Núñez

Da cinza máis negra comeza a xurdir todo de novo.

Sobrevivindo con pouco/ Enrique Martínez

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here