InicioSucesosUn terremoto de magnitude 3,4 sacode Mondariz e súmase á trintena de...

Un terremoto de magnitude 3,4 sacode Mondariz e súmase á trintena de sismos rexistrados na provincia esta semana

Sentiuse ao redor das 3,00 horas da pasada madrugada.

PUBLICADO O

A provincia de Pontevedra rexistrou ao longo de toda esta semana unha intensa actividade sísmica, con máis de 30 terremotos, ao que se sumou este sábado outro sismo, esta vez en Mondariz, de magnitude 3,4.

Segundo os datos achegados polo Instituto Xeográfico Nacional, o terremoto sentiuse ao redor das 3,00 horas e produciuse a unha profundidade de 23 quilómetros.

O de Mondariz é un máis dos máis de 30 que se rexistraron ao longo de toda a semana na provincia de Pontevedra. Este sábado o concello de Covelo rexistrou outros dous movementos sísmicos, ás 21,25 horas e ás 17,00 horas, de magnitude de 2.1 e 2.6 respectivamente.

Tamén na localidade da Cañiza sentiuse este sábado un sismo de 2,0 de magnitude, pasadas as 14,00 horas.

Covelo e A Cañiza rexistran senllos terremotos tras unha semana de intensa actividade sísmica

No caso do concello de Covelo, tamén o venres notificáronse movementos sísmicos; un ás 3,30 da mañá cunha magnitude de 2,0; e outro ás 14,27 horas, este de 1,7 na escala Richter.

Xa o xoves esta localidade notificou outros dous sismos, ambos de 2,2 de magnitude, ao redor das 10,10 horas e as 23,32 horas. Ese mesmo día o concello de Arbo sentiu outro terremoto de 2,7 de magnitude ás 12,10 horas.

Os sismos deixáronse sentir toda a semana na zona. O mércores tamén Covelo rexistrou pequenos terremotos, oito en total, con intensidades entre 1,6 e 2,7 na escala Richter.

Na madrugada e a mañá do martes tamén se rexistraron varios movementos sísmicos na localidade; xornada na que tamén se notou outro terremoto no concello ourensán de Melón, dunha magnitude de 2,7 na escala de Richter.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...