InicioSucesosDeteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Cando a muller comezou a gritar e a pedir axuda, o fillo saíu da vivenda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de 56 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia no ámbito doméstico, tras haber agredido preseuntamente á súa nai, que interpuxera unha denuncia contra el.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste xoves, cando unha dotación recibiu un aviso sobre a presenza dunha muller gritando e pedindo auxilio na Estrada da Igrexa-Rotea.

Os axentes que acudiron atopáronse á muller, de 88 anos de idade, que lles relatou que, a mediados do mes pasado, puxera unha denunciado contra o seu fillo por unha agresión e que, desde ese día, non teñen relación, aínda que seguen convivindo e o fillo vai ao domicilio só a pasar a noite.

A señora relatou que, momentos antes, o home entrara na vivenda moi agresivo e comezara a tirar aveños da casa polo chan. Acto seguido, dirixiuse a ela insultándoa e suxeitouna pola mandíbula, zarandeándola, tirándoa ao chan e reprochándolle que o denunciou.

Cando a muller comezou a gritar e a pedir axuda, o fillo saíu da vivenda. A señora foi trasladada á PAC da rúa Pizarro e os axentes puxéronse en contacto telefónico co fillo, que afirmou que estaba en Comisaría pondo unha denuncia polo sucedido. Os axentes do 092 trasladáronse alí e procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...