InicioSucesosCovelo e A Cañiza rexistran senllos terremotos tras unha semana de intensa...

Covelo e A Cañiza rexistran senllos terremotos tras unha semana de intensa actividade sísmica

Foron sismos de magnitude de até 2.6 na escala Richter rexistrados este sábado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello pontevedrés de Covelo rexistrou este sábado, ao redor das 17,00 horas, un novo terremoto, esta vez de magnitude de 2.6 na escala Richter, tras as series de sismos detectados ao longo de toda esta semana.

Segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional, ademais do rexistrado en Covelo, na localidade da Cañiza sentiuse, tamén este sábado, un sismo de 2,0 de magnitude.

No caso do concello de Covelo, o deste sábado súmase aos múltiples sismos rexistrados durante toda esta semana. Este pasado venres foron dous os terremotos, un ás 3,30 da mañá cunha magnitude de 2,0; e outro ás 14,27 horas, este de 1,7 na escala Richter.

Xa o xoves esta localidade pontevedresa notificou outros dous sismos, ambos de 2,2 de magnitude, ao redor das 10,10 horas e as 23,32 horas. Este mesmo día o concello de Arbo sentiu outro terremoto de 2,7 de magnitude ás 12,10 horas.

Os sismos deixáronse sentir toda a semana na zona. O mércores tamén Covelo rexistrou pequenos terremotos, oito en total, con intensidades entre 1,6 e 2,7 na escala Richter.

Na madrugada e a mañá do martes tamén se rexistraron varios movementos sísmicos na localidade; xornada na que tamén se notou outro terremoto no concello ourensán de Melón, dunha magnitude de 2,7 na escala de Richter.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...