InicioSucesosDetidos en Vigo por agredir e toser na cara aos policías que...

Detidos en Vigo por agredir e toser na cara aos policías que os sorprenderon vulnerando o estado de alarma

Trátase dun home de 26 anos de idade e unha muller de 28.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha parella, un home de 26 anos de idade, J.M.A., e unha muller de 28 anos, A.M.N., como presuntos autores dun delito de atentado contra axentes da autoridade, tras agredir, insultar e toser na cara aos policías que os identificaron ao sorprendelos vulnerando o estado de alarma.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada do luns, cando unha dotación sorprendeu a esta parella camiñando por cálea Doutor Corbal en dirección ao parque da Guía.

Ao ser preguntados polos axentes, o home respondeu que estaban a buscar unha farmacia, aínda que acabou por recoñecer que se dirixían a casa dun coñecido a cobrar un diñeiro pactado entre ambos.

Cando os axentes lles informaron de que serían propostos para sanción, xa que o motivo do desprazamento non está xustificado no Real Decreto do estado de alarma, o home, que camiñaba cunha muleta, golpeou a un dos policías nun brazo e tentou propinarlle unha patada.

Dado que non depuxo a súa actitude, e comezou a insultar e ameazar gravemente os policías, o home foi reducido e detido. Nese momento, a súa parella tamén se encarou cos axentes, e propinou dúas patadas nas pernas a unha das funcionarias actuantes, polo que tamén foi detida.

Cando xa estaban detidos e á espera de ser asistidos por un médico, a muller arrestada volveuse cara á axente de Policía e, tras insultala, lle toseu na cara deliberadamente, mentres que a súa parella tamén se revolveu e tirouse ao chan. Ambos os sospeitosos foron derivados ao Hospital Álvaro Cunqueiro e, posteriormente, trasladados a dependencias policiais, antes de ser postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...

Caballero alerta de que a Vigo lle quedan 38 días de auga “con garantía de calidade”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu advertir da situación de seca e asegurou...