InicioSucesosUn incendio nun faiado obriga a evacuar un edificio en Vigo, sen...

Un incendio nun faiado obriga a evacuar un edificio en Vigo, sen que se producisen danos persoais

Un edificio de catro plantas situado na cidade de Vigo foi desaloxado na madrugada deste xoves ao declararse un incendio nun trasteiro, aínda que non houbo que lamentar danos persoais, segundo informou o 112.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un edificio de catro plantas situado na cidade de Vigo foi desaloxado na madrugada deste xoves ao declararse un incendio nun trasteiro, aínda que non houbo que lamentar danos persoais, segundo informou o 112.

En concreto, o incendio ocorreu nun inmoble situado na rúa Casiano Martínez ao fío das seis desta madrugada, cando o fume provocado polo incendio chamou a atención dun veciño que contactou inmediatamente co 112 Galicia.

Após a chamada de alerta, o 112 avisou aos efectivos do parque de bombeiros de Vigo, que traballaron na extinción do lume até pasadas as 9,30 horas. Segundo explicaron, as chamas arrasaron por completo o trasteiro e chegaron a afectar ao tellado do edificio e ás portas doutro trasteiro lindeiro.

Mentres duraron as tarefas de extinción do incendio, os veciños do inmoble foron desaloxados, sen que se producisen danos persoais. Por precaución, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración das 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...