InicioDiego Prieto, elixido candidato do BNG en Arbo para as eleccións municipais...

Diego Prieto, elixido candidato do BNG en Arbo para as eleccións municipais de 2023

Segundo comunicaron os nacionalistas, fai unha "clara aposta pola mocidade como alternativa de futuro"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Arbo (Pontevedra) elixiu por unanimidade a Diego Prieto como cabeza de lista desta formación para as eleccións municipais que terán lugar en maio de 2023.

Segundo comunicou o BNG, coa elección de Diego Prieto, fai unha “clara aposta pola mocidade como alternativa de futuro”, abrindo “un tempo novo” para “devolver a ilusión e esperanza” aos veciños de Arbo e demostrar que hai “unha alternativa real ao PP”.

Os nacionalistas arbenses reivindicaron o seu traballo para defender o municipio, non só na oposición municipal senón tamén a través dos representantes do BNG no Parlamento de Galicia, con iniciativas como as presentadas para a protección das pesqueiras, ou contra o parque eólico de Sobredo.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...