InicioSociedadeO Sergas restablecerá a atención pediátrica en Covelo a partir do martes

O Sergas restablecerá a atención pediátrica en Covelo a partir do martes

Os pacientes tiñan que desprazarse ao concello de Mondariz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas confirmou este venres de que, a partir da semana próxima, restablecerase a atención pediátrica no centro de saúde de Covelo tal e como avanzou o conselleiro Julio García Comesaña ao alcalde nunha reunión mantida a principios de mes.

Así, a partir do 22 de marzo, a atención pediátrica volverá prestarse no centro de saúde, sen que os pacientes teñan que desprazarse ao concello de Mondariz. O tempo de atención será o mesmo que había antes, aínda que se centralizará nun só día, cunha xornada máis ampla, de 8,00 a 15,00 horas.

Por outra banda, García Comesaña tamén anunciou a próxima posta en marcha doutras medidas para que o médico de familia poida dispor de máis tempo para atender aos veciños.

Entre as medidas expostas expúxose o apoio para a xestión de pacientes crónicos e a habilitación de mecanismos “para descargar a atención primaria das tarefas sanitarias de carácter máis burocrático”.

Así mesmo, o Sergas vai acometer unha reordenación espacial do centro de saúde para liberar espazos e dedicalos a actividade asistencial. Nese sentido, habilitarase a planta superior do edificio para que se instalen alí a zona de estar e os vestiarios do persoal.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...