InicioSociedadeDenuncian desatención de pacientes por falla de medios en Urxencias do Cunqueiro

Denuncian desatención de pacientes por falla de medios en Urxencias do Cunqueiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A morte dunha persoa no PAC da Estrada non foi a única incidencia acontecida nos centros hospitalarios esta fin de semana. Nuns días cun alto número de incidencias hospitalarias provocadas pola vaga de calor, as urxencias hospitalarias víronse, nalgún momento colapsadas.

Así aconteceu no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde a media de atención aos pacientes superou as cinco horas e mesmo chegou ás sete e oito horas, segundo denunciaron pacientes en declaración a XdV.

De feito, na madrugada do sábado ao domingo houbo “colapso”. “Houbo un caso dramático dunha muller á que lle deu un ataque de nervios porque o seu home retorcíase de dor na camilla despois de horas sen atendelo”, apuntaron.

Segundo puido confirmar XdV, esta situación débese á falla de persoal debido ás quendas de vacacións de verán e que ao Sergas evita contratar xente para substituir ao persoal que falta.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...