InicioSociedadeConfirmado o terceiro caso da variante ómicron na área de Vigo

Confirmado o terceiro caso da variante ómicron na área de Vigo

Hai outros nove casos sospeitosos en Galicia pendentes de confirmación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou o terceiro caso da variante ómicron do coronavirus SARS-CoV-2 en Galicia, tal e como avanzou este sábado o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.

Correspóndese cunha paciente da área sanitaria de Vigo, tal e como aseguran fontes da Consellería de Sanidade. Este último súmase aos dous contabilizados ata agora no mesmo distrito, que xa foron avanzados este venres en rolda de prensa o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Deste xeito, aínda quedan nove casos pendentes de secuenciación. Os tres xa confirmados son “casos leves, polo menos os que se coñecen”, segundo explicou Rueda este sábado en declaracións aos medios durante a entrega duns premios de turismo en Santiago.

No entanto, aproveitou para facer un chamamento á “máxima prudencia” e, de cara ás reunións típicas de Nadal, recoñeceu que a situación non é “boa”, aínda que tampouco é a mesma “do ano pasado”, cando aínda non había vacina.

Precisamente, este mesmo venres tanto Rueda como o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron unha reunión co sector hostaleiro na que acordaron intensificar os controis nos establecementos durante as próximas semanas para vixiar o cumprimento da normativa covid en vigor.

“Onte constatamos que, se se cumpren as medidas, si podemos ter un Nadal tranquilo. Se se producen moitos incumprimentos, a situación empeorará e o Nadal verase comprometida“, advertiu o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.

“MESMAS” MEDIDAS, POR AGORA

Este encontro, tal e como explicou o vicepresidente primeiro, serviu para darse “un voto de confianza, polo menos ata o día 20”, datas previas ás festas, polo que por agora as medidas sanitarias “van seguir sendo as mesmas”.

Iso si, Rueda advertiu que a actual escalada da incidencia “esixe unha conciencia de todo o mundo”, tanto dos profesionais da hostalaría como dos clientes.

“A todos interésanos manter esta situación. Non queremos lembrar a situación de despois do Nadal do ano pasado e por tanto na nosa man está”, apostilou o vicepresidente.

“MANTER AS CONDICIÓNS DE SEGURIDADE”

Aínda que admitiu que hai factores que “xogan a favor” de Galicia –como o feito de que é a comunidade “coa maior porcentaxe de vacinación”, está inmersa na administración de terceiras doses e o día 15 arrincará a inmunización dos menores de 12 anos–, aínda hai que “manter as condicións de seguridade”.

Para iso, Rueda asegurou que a Xunta manterá a partir deste fin de semana contactos coas grandes cidades galegas e volverá reunirse coas diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado para coordinar o dispositivo de Nadal. Xunto a iso, destacou que continuarán as inspeccións sanitarias aos locais.

ÚLTIMAS

Vigo destinará 468 millóns ao novo contrato de bus urbano, que comezará en 2026 e durará 9 anos

O Portal de Contratación do Estado publicou o anuncio previo do expediente de contratación...

Ferido un septuaxenario en Mos despois de que o seu fillo o asperxese con gasolina e lle prendese lume

Un home de 78 anos de idade resultou ferido na tarde deste pasado luns...

O acusado de abusar do fillo da súa parella en Vigo négao: “Xamais, (…) a súa nai mataríame”

Un home xulgado en Vigo por un suposto delito continuado de agresión sexual ao...

O goberno municipal confirma que o novo PXOM de Vigo necesita algunhas “correccións rápidas” antes da súa aprobación definitiva

O goberno municipal de Vigo deu conta este martes, no Consello da Xerencia de...