InicioSociedadeO goberno municipal confirma que o novo PXOM de Vigo necesita algunhas...

O goberno municipal confirma que o novo PXOM de Vigo necesita algunhas “correccións rápidas” antes da súa aprobación definitiva

Previsiblemente, non será aprobado antes do mes de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo deu conta este martes, no Consello da Xerencia de Urbanismo, de varias correccións que o equipo redactor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deberá incorporar ao documento antes de que leva a pleno para a súa aprobación definitiva. Así, en declaracións remitidas aos medios, a concelleira de Urbanismo, María José Caride, sinalou que o PXOM conta con informe favorable dos servizos técnicos municipais, pero eses mesmos servizos detectaron “algúns erros materiais que conveniene corrixir” para levar o documento a pleno.

Por iso, trasladouse ao equipo redactor a necesidade de realizar eses cambios, que a edila socialista sinalou como “correccións rápidas”, e que minimizou, tendo en conta de que o novo plan é un documento con máis de 5.500 páxinas e máis de 750 planos. “Xa se deu conta ao equipo redactor para que canto antes proceda a remitir unha documentación corrixida que poida ser, sen ningún tipo de excepción, elevada a pleno para a súa aprobación definitiva”, explicou María José Caride. As “erratas” detectadas afectan a cuestións como a presenza de ámbitos eliminados do plan, incoherencias na nomenclatura, cambios en referencias, melloras de redacción ou cuestións de cualificación do chan.

PRAZOS

A responsable municipal de Urbanismo non se referiu, nas súas declaracións, a un posible prazo de aprobación do novo PXOM. Así, o propio alcalde, Abel Caballero, chegou a anunciar a dita aprobación para finais de 2024 e, posteriormente, deu outros prazos, como o mes de marzo ou “antes de Semana Santa”. Previsiblemente, a aprobación non se producirá antes do mes de maio, tal e como apuntou o grupo municipal do PP de Vigo, que lembrou que o rexedor chegou a situar a aprobación do novo plan urbanístico para o primeiro semestre de 2024. “Logo pospúxoo a novembro, logo a decembro, logo a xaneiro, logo a febreiro, logo a abril. Agora parece que será en maio”, ironizaron os ‘populares’ vigueses en redes sociais.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, respondeu a esta publicación do PP constatando que o grupo ‘popular’ ten “moito apuro” porque o alcalde aproba o novo PXOM, “elaborado na escuridade dos despachos, ao servizo dos poderosos intereses dos de sempre”. O edil nacionalista lembrou que o documento inclúe cuestións “graves”, como dous viarios de alta capacidade (A-52 e PO-010) que “tronzarán” as parroquias rurais, que “legaliza pola porta de atrás” un “pelotazo” de chalés en Cabo Estai, ou que “arrasa” cun bosque de ‘carballos’ de Navia; ademais de insistir nun modelo de mobilidade baseado no uso do coche particular e de promover vivenda nova sen mobilizar as máis de 22.000 baleiras na cidade. “Claramente o PP e o PSOE están de acordo. Cando se fala de urbanismo hai pinza”, sinalou Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...