InicioSociedadeSimulacro da Armada este mércores e xoves en Tui e Tomiño

Simulacro da Armada este mércores e xoves en Tui e Tomiño

O exercicio, denominado Marsec-21, conta con 13 escenarios diferentes que se desenvolverán en varios puntos da costa española entre os días 17 e 28 de maio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Armada, a través da Forza de Acción Marítima, realizará este mércores e xoves, 19 e 20 de maio, un simulacro de emerxencias no Miño entre Tui-Valença e Tomiño-Vila Nova.

En total, o exercicio, denominado Marsec-21, conta con 13 escenarios diferentes que se desenvolverán en varios puntos da costa española entre os días 17 e 28 de maio.

Así, contará coa participación de múltiples organismos estatais, autonómicos e locais, así como da Marinha Portuguesa.

Participarán unidades dos Exércitos e a Armada, organismos de seis ministerios, oito delegacións do goberno e multitude de institucións, organismos e administracións locais e autonómicas involucradas na seguridade marítima, así como varias empresas privadas.

OBXECTIVO

O Marsec-21 está programado polo almirante xeneral xefe de Estado Maior da Armada, conducido polo almirante da Frota e executado polo almirante de Acción Marítima a través do seu Estado Maior e do Centro de Operacións e Vixilancia de Acción Marítima en Cartagena.

O obxectivo xeral do exercicio é comprobar a capacidade de coordinación e colaboración da Forza de Acción Marítima (FAM) con outros organismos para afrontar Operacións de Seguridade Marítima (MSO), mellorar a coordinación con outras unidades da Armada e organismos gobernamentais e non gobernamentais.

Abarcan actividades relacionadas co tráfico de sustancias estupefacientes, operacións de mergullo, guía do tráfico marítimo e auxilio e rescate no mar ata o control sanitario de persoal a bordo de buques.

No mesmo sentido, abórdase a colaboración na loita contra a contaminación, o apoio ao mantemento da biodiversidade, así como a presenza constante e permanente de buques da Armada nas augas territoriais durante o desenvolvemento normal da súa actividade, pon de manifesto o respecto e o compromiso existentes.

A Comandancia Naval do Miño, foi creada en 1989, e ten as súas orixes no Tratado Internacional de Límites de 1864 e no Tratado de Comercio e Navegación de 1893 asinados entre España e Portugal.

ÚLTIMAS

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

O PP de Vigo critica que Samil continúe sen Bandeira Azul mentres Caballero asegura que a recuperará no extremo norte

O grupo municipal do PP de Vigo lamentou este venres que a emblemática praia...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...