InicioSociedadeUn estudo conclúe que a covid actúa como "un gran simulador" de...

Un estudo conclúe que a covid actúa como “un gran simulador” de síntomas doutras enfermidades cutáneas

A dermatóloga do Hospital Vithas Vigo Carmen Rodríguez Cerdeira é a primeira asinante deste estudo que analiza casos de cinco países

PUBLICADO O

- Advertisement -

A covid-19, activa ou pasada, compórtase como “un gran simulador” dermatolóxico que mostra síntomas doutras enfermidades cutáneas. Así o determina un estudo encabezado pola dermatóloga do Hospital Vithas Vigo Carmen Rodríguez Cerdeira.

Este traballo, ademais, ratifica que as erupcións cutáneas, febrís ou non, son un síntoma da covid que pode permitir un diagnóstico precoz ou guiar o prognóstico e tratamento da enfermidade.

Trátase dun traballo publicado na revista Biology, polo que 11 investigadores –Rodríguez Cerdeira é a primeira asinante– analizaron unha trintena de casos de cinco países: España, México, Arxentina, República Dominicana e India.

De acordo cos resultados obtidos, a covid-19 “representa un gran simulador como o foi a sífilis no seu día, é dicir, que adopta os síntomas doutras enfermidades cutáneas”; aínda que o tratamento “non pode ser o mesmo”, xa que a orixe destes síntomas é a propio covid.

Neste sentido, Rodríguez Cerdeira apunta que “é moi importante facer unha correcta historia clínica e reflectir que o paciente ten ou tivo covid-19, xa que pode explicar moitas afeccións dermatolóxicas “simuladas”.

ERUPCIÓNS: UN SÍNTOMA MÁIS

De igual maneira, esta investigación reforza outros estudos previos ao ratificar que “as erupcións cutáneas, febrís ou afebrís, supoñen un síntoma máis da covid-19” que permitirían diagnosticar ou tratar a enfermidade.

A partir deste traballo, os investigadores atoparon que as manifestacións dermatolóxicas máis frecuentes son lesións de urticaria e lesións similares a sabañóns ou pernioses, seguido doutras lesións dermatolóxicas.

Neste contexto, Rodríguez Cerdeira advirte que “é posible que haxa moitos pacientes con manifestacións cutáneas que están a pasar ou pasasen unha infección con síntomas mínimos e, por tanto, non se fixeron PCR para coronavirus”. Nestes casos, apunta, “é enormemente difícil atopar a relación entre o SARS-CoV-2 e as lesións cutáneas”.

ÚLTIMAS

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...

A sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9 millóns e 4 anos de cárcere para o acusado

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 4 anos de prisión a Francisco...