InicioVal MiñorGondomarO conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste venres no auditorio Lois Tobío co gallo do 40 aniversario do Conservatorio Municipal de Gondomar, o único conservatorio da comarca do Val Miñor.

O anuncio da iniciativa foi ao remate das actuacións,  “unha decisión moi meditada” sinalou Ferreira, “pola adicación de Conchita como mestra e directora durante 30 anos da súa vida e o legado de músicos que saíron deste conservatorio grazas ao esforzo e empeño de Conchita por sacar adiante, non sen dificultades, o conservatorio municipal “.

Ferreira anunciou que vai levar ao pleno, co beneplácito da familia, a proposta para que o conservatorio de Gondomar leve o seu nome, “para sempre, como homenaxe a súa figura “.

Conchita Quintas Núñez nun acto polo 30 aniversario do Conservatorio de Gondomar en Marzo de 2018

Concerto adicado a Conchita

O emotivo concerto de onte estivo adicado á que foi durante 30 anos a sua directors, Conchita Quintas, falecida en decembro de 2019 e contou coa participación do alumnado e profesorado do centro así como a participación de ex alumnos do Conservatorio acompañados polos seus fillos que actualmente estudan no centro. Pechando este círculo vital xeracional dos 40 anos do centro.

Ao acto tamén acudiron familiares de Conchita Quintas que deron colofón ao acto cunha foto final de familia e o compromiso do alcalde e a concelleira de educación Iria Lamas, de porlle o nome de Conchita Quintas aos conservatorio municipal.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras...