InicioSociedadeA sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9...

A sentenza pola explosión de Páramos fixa indemnizacións por máis de 9 millóns e 4 anos de cárcere para o acusado

Francisco G.L. era o responsable dun almacén pirotécnico ilegal que voou polo aire en maio de 2018 en Tui e provocou a morte dun matrimonio, así como lesións a decenas de persoas e cuantiosos danos materiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman 4 anos de prisión a Francisco G.L., responsable dun almacén pirotécnico ilegal que voou polo aire en maio de 2018 en Tui e provocou a morte dun matrimonio, así como lesións a decenas de persoas e cuantiosos danos materiais. O tribunal establece así a pena que xa fora pactada polas acusacións e a defensa na vista de conformidade celebrada en setembro pasado, e condena ao procesado por un delito imprudente de estragos en concurso ideal con dous delitos de homicidio imprudente e 28 lesións por imprudencia; e tres delitos de risco catastrófico provocado por explosivos (polos ‘zulos’ que a Garda Civil descubriu e que tiñan material explosivo almacenado de forma irregular).

Ademais das penas de prisión, que suman catro anos, a Audiencia condénao ao pago de multas que suman 3.240 euros, e inhabilítao para exercer profesión ou actividade que teña que ver coa pirotecnica por un período de 18 anos. Igualmente, tampouco poderá achegarse a menos de mil metros da zona da explosión, en barrio de Paramos, durante 4 anos. No fallo do tribunal tamén se recolle que o acusado e a súa aseguradora, Mapfre, deberán indemnizar aos fillos do matrimonio falecido (en 280.000 euros a cada un) e ás persoas que sufriron lesións pola deflagración (37 persoas, con compensacións que suman máis de 185.000 euros).

Igualmente establécense indemnizacións por danos en máis de 500 inmobles (vivendas e outros locais) e vehículos, de máis de 8 millóns de euros, así como a compensación por danos en serivios públicos do Concello de Tui (iluminación, redes de abastecemento e saneamento, mobiliario urbano, viarios, etc.) que superan o medio millón de euros. A Audiencia establece que, nos casos en que os prexudicados fosen compensados polos seus seguros, a indemnización deberá pagarse ao seguro. Así mesmo, tamén sinala que a responsabilidade civil directa de Mapfre limítase ata un máximo de 1,5 millóns de euros, que é a cobertura prevista na póliza que tiña subscrita o acusado; mentres que declara a responsabilidade civil subsidiaria da empresa do acusado, a pirotecnia La Gallega.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...