InicioVigo e contornaO PorriñoO Porriño alcanza os 52 casos activos de COVID-19 e segue en...

O Porriño alcanza os 52 casos activos de COVID-19 e segue en nivel de alerta 3

A Policía Local vixiará os cemiterios para controlar o cumprimento das restricións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello do Porriño alcanzou os 52 casos activos de COVID-19, e permanece en nivel de alerta 3, en vermello no mapa que publica a diario o Sergas, e que mostra a incidiencia acumulada de positivos polo virus.

Segundo confirmou o Concello, Sanidade confirmou que o número de casos activos nesta localidade (de pouco máis de 20.000 habitantes) é xa de 52, seis máis que 24 horas antes, de modo que O Porriño segue en “alerta vermella por quinto día consecutivo”.

O Concello mantén as restricións postas en marcha hai uns días (peche de parques infantís, peche dalgunhas instalacións municipais e prohibición de público nos eventos deportivos) e, ademais, establecerá un dispositivo especial de vixilancia para evitar aglomeracións esta fin de semana con motivo da festividade de Todos os Santos.

A Policía Local vixiará os cemiterios do Porriño para controlar o cumprimento das restricións con motivo da pandemia: as visitas están limitadas a catro persoas do mesmo grupo familiar e a unha duración máxima de 30 minutos.

Ademais, do Porriño, outros concellos da contorna de Vigo (e a propia cidade olívica) atópanse en nivel 3 de alerta, e adoptaron medidas restritivas, como Tui, Ponteareas ou Salvaterra.

ÚLTIMAS

O metal asina a paz pero o comercio planta cara: folga masiva en Vigo de 10.000 traballadores

O conflito do metal na provincia de Pontevedra non está nin moito menos pechado....

Guerra política en Vigo polo ataque á flotilla internacional: o PSOE veta unha declaración do BNG con vigueses a bordo

O conflito de Oriente Medio volve sacudir a política municipal de Vigo, e faino...

Os drons da Policía Local de Vigo cazan a un furtivo reincidente con tres quilos de ameixas en Teis

A Policía Local de Vigo identificou e denunciou a un veciño da cidade de...

Un condutor resulta ferido en Vigo tras impactar co seu turismo contra un báculo de iluminación na Avenida de Beiramar

Un condutor de 48 anos de idade resultou ferido este mércores en Vigo tras...