InicioSociedadeA área de Vigo xa é a segunda con máis casos de...

A área de Vigo xa é a segunda con máis casos de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia volve aumentar en 32 con respecto a este xoves e a cifra sitúase en 444 –tras subir en cinco áreas sanitarias–, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee –21 máis que a xornada pasada–, onde hai un gromo relacionado cun ximnasio en Arteixo. Na área de Vigo subiron os contaxiados en tres.

Así se reflicte nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 21 permanecen en unidades de hospitalización convencional –catro máis que este xoves– e dous na UCI –sen cambios–, mentres que 421 atópanse en seguimento domiciliario –28 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 444 casos activos, 177 corresponden á área da Coruña e Cee –21 máis que este xoves–; 72 á de Lugo –un menos–; 78 á de Vigo –tres máis–, 43 á de Pontevedra e O Salnés –dúas máis–; 34 á de Ourense –dúas máis–; 35 á de Santiago –cinco máis– e cinco á de Ferrol –sen cambios–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.381 persoas, 12 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima mortal foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 260.785 fronte ás 258.978 contabilizadas ata este xoves, apuntou Sanidade.

DESCENDEN OS CASOS NA MARIÑA

O número de casos activos relacionados co brote de COVID-19 que afecta á comarca lucense da Mariña descendeu a 26 este venres, tras rexistrarse nove altas, e baixan a 342 os contactos en seguimento –uno menos que a xornada pasada–.

Así o informaron este venres por parte da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, e puntualizaron que o número total de PCR realizadas ascende a 5.238, delas 56 na última xornada.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...